top of page
logo_web.png

covid -19

corona-4919609_1920.png

Estamos en corentena, pero iso non significa que quedemos parados

Isto é novo para todo o mundo. É a primeira vez que calquera de nós se ten que enfrontar a unha situación semellante. Estar confinado nun espazo concreto non é algo que nos apeteza facer e, de certo, estamos todos desexando que pronto acabe.

Pero temos qu entender que estas medidas se toman ante unha realidade que se está confirmando como potencialmente perigosa para todos nós. Polo tanto, dentro das posibilidades que cada un ten, como parte da sociedade, e apelando a un ben común, temos que tentar cumprir o mellor posible este illlamento para mellorar como sociedade.

​

Nós, profesorxs de Educación Física, imos achegar un pequeno gran de area. Imos organizarnos e imos tentar que vos organicedes. Imos propoñervos tarefas e entretemento e imos tentar que o aproveitedes. Imos procurar que estes días tan especiais poidan pasar do xeito máis ameno posible e, por encima de todo, imos poñervos en MODO ON.

​

​

bottom of page