top of page

COMEZAMOS...

Benvidos a MODO ON

Todo o mundo é benvido. Non hai ningunha restrición á participación e tampouco ningunha obriga. Calquera pode entrar e participar nos retos que propoñemos, como unha vía de facer máis levadeiro o día a día.

Nesta web, no apartado Retos, atoparás unha serie de propostas, organizadas arredor do calendario oficial da corentena, de maneira que cada día vas poder ver, prácticar e finalmente superar, un conxunto de probas relacionadas con diferentes categorías, todas elas relacionadas coa Educación Física. Poñemos tamén á túa disposición, no apartado "Descarga a folla de insignias" un soporte para que poidas coleccionar e pegar as insignias que vas ir obtendo por superar os diferentes retos propostos.

Ademais, e para que non teñas que esperar, tamén imos deixar acceso a toda a colección de retos para que en calquera momento poidas seguir practicando.

​

Antes de comezar, non estaría de máis que botases un ollo ás recomendacións que che facemos para organizar o día a día, no apartado "Recomendacións Iniciais". Xa sabes, a organización é a clave para non caer no caos e na desesperación.

​

Anímate e participa!!

bottom of page